Ernesto Baltar Feijoo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1943 Padrón, España |
Morte | 26 de xaneiro de 2021 (77/78 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Ernesto Baltar Santaló |
Irmáns | Ramón Baltar Feijoo |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ernesto Baltar.
Ernesto Baltar Feijoo, nado en Padrón en 1943 e finado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 2021,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ernesto Baltar Santaló. Avogado en Pontevedra, foi presidente do Liceo Casino de Pontevedra. Pertenceu a Democracia Cristiá de Ruíz Giménez, despois ao Partido Galeguista e foi militante de Coalición Galega. Foi candidato de Coalición Galega ao Congreso pola provincia de Pontevedra en 1986. Concelleiro de Pontevedra dende 1987 como independente na lista de Alianza Popular, foi portavoz do grupo municipal de AP no concello de Pontevedra. En 1989 integrouse no PPdeG.[2] Foi vogal da comisión de calidade do Consello Social da Universidade de Vigo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fallece el ex presidente del Liceo Casino Ernesto Baltar Feijoo
- ↑ La Voz de Galicia, 28-1-1989, p. 27.