Ernesto Baltar Santaló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ernesto Baltar Santaló
Nacemento1900
Lugar de nacementoPadrón
Falecemento2 de marzo de 1977
Lugar de falecementoPadrón
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
PaiErnesto Baltar Cortés
FillosRamón Baltar Feijoo e Ernesto Baltar Feijoo
IrmánsManuel Baltar Santaló
editar datos en Wikidata ]

Ernesto Baltar Santaló, nado en Padrón en 1900 e finado no mesmo concello o 2 de marzo de 1977, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ernesto Baltar Cortés. Xuíz municipal de Pontevedra en 1928, foi nomeado maxistrado suplente da Audiencia de Pontevedra en 1935. Foi alcalde de Pontevedra do 21 de maio de 1937 ao 16 de abril de 1939. Nos anos corenta foi conselleiro delegado da empresa Estañíferas de Galicia SA.[1] Foi o primeiro presidente da Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón. Finou en Padrón o 2 de marzo de 1977.[2]


Predecesor:
Eladio Becerril González
 Escudo de Pontevedra.svg
Alcalde de Pontevedra
 
1937 - 1939
Sucesor:
Remigio Hevia Marinas


Obras[editar | editar a fonte]

  • Exégesis de la obra del jurisconsulto gallego D. Juan Francisco de Castro, 1972.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou no pazo de Pallares de Monforte de Lemos con María Dolores Feijoo García, filla de Pedro Feijoo López, o 19 de marzo de 1939,[3] e foi pai de Ernesto, Ramón, Ubalda e María del Carmen Baltar Feijoo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ABC, 31-5-1942, p. 35.
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 3-3-1977, p. 28.
  3. La Región, 19-3-1939, p. 3.