Erhan Emre, nado o 4 de setembro de 1978 en Berlín, é un actor alemán de orixe kurda.[1] Ocasionalmente tamén traballa como guionista, director de curtametraxes, así como tamén como produtor cinematográfico.
Fillo de pais inmigrantes procedentes de Turquía, creceu en Berlín-Kreuzberg cos seus sete irmáns. A familia é orixinaria de Xinis (provincia de Erzurum). A súa estrea cinematográfica foi en 1997, no filme de Thomas Arslan, Geschwister – Kardeşler. Realizou máis papeis no cinema e na televisión, por exemplo en Gran Paradiso (1999) ou Tartot (2002 e 2006).
Na adaptación cinematográfica da novela de Gaby HauptmannSuche impotenten Mann für's Lebena (2003) realizou o papel de Wilko.
En Zeit der Wünsche (2005) de Rolf Schübel Emre foi o actor protagonista, ao lado de Lale Yavas e Tevfik Baser. No filme de Detlev BuckKnallhart (2006) deu vida ao traficante Hamal.
Como produtor, produciu varias curtametraxes, ademais da longametraxe Urban Guerrillas que dirixiu Neco Celik.
No ano 2008 actuou na serie Unschuldig como o médico forense Sebastian Krüger ao lado de Alexandra Neldel e Clemens Schick.