Era Istrefi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Era Istrefi
Era Istrefi 2018.jpg
Nome completo Era Istrefi
Alias Era
Nacemento 4 de xuño de 1994 (24 anos)
Orixe Pristina, Kosovo
Ocupación(s) Cantante, compositora
Xénero Pop · reggae · trap
Instrumento(s) Voz
Selo(s) discográfico(s) NESËR · Sony · Ultra
Tempo en activo 2012 - actualidade
editar datos en Wikidata ]

Era Istrefi (nada o 4 de xullo de 1994), tamén coñecida como Era (estilizado ERA), é unha cantante e compositora kosovar. Ela acadou a fama co seu sinxelo debut "Mani për money" en 2013, co que conseguiu unha retroacción positiva e a atención do público. As súas cancións "A po don" e "E dehun", conseguiron o mesmo recoñecemento. En xuño 2014, ela gañou tres Videofest awards polos seus videos musicais, incluíndo "Mellor artista nova" polo seu traballo en 2013. É a irmá pequena da popular cantante de fala albanesa Nora Istrefi.

En 2015 Era gañou un millón de visitas no YouTube nunha semana coa canción "Njo si ti". O seu primeiro dueto co rapeiro kosovar Ledri Vula, "Shumë pis", foi considerada canción do verán.

En xaneiro de 2015, Istrefi acadou fama internacional co lanzamento do seu sinxelo "BonBon", acadando 30 millóns de visitas no YouTube e comparacións con cantantes do talle de Rihanna ou Sia. Seguindo coa fama do sinxelo, ela firmou cos selos americanos Sony Music e Ultra Music en febreiro de 2016.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

As cancións de son escritas principalmente en Albanés Gheg (dialecto albanés falado en Kosovo).

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • 2013: "Mani për money"
  • 2014: "A po don?"
  • 2014: "E dehun"
  • 2014: "13"
  • 2015: "Njo si ti"
  • 2015: "Shumë pis"
  • 2015: "BonBon"

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Era Istrefi firmos me Sony Music" (en al). Consultado o 22 de febreiro de 2016.