Epsilon Andromedae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ε Andromedae

Localización de ε Andromedae (abaixo, á esquerda do centro)
Data de observación
Época X2000.0      Equinoccio X2000.0 (ICRS)
Constelación Andrómeda
Ascensión recta 00h 38m 33.3458s[1]
Declinación +29° 18′ 42.305″[1]
Magnitude aparente (V) 4,37[1]
Características
Tipo espectral G6IIIFe-3CH1[2]
Índice de cor U−B 0,47[2]
Índice de cor B−V 0,87[2]
Índice de cor V−R 0,6[1]
Índice de cor R−I 0,51[2]
Astrometría
Velocidade radial (Rv)−83,6 ± 0.9[1] km/s
Movemento propio (μ) RA: −229.42[1] mas/ano
Dec.: −254.09[1] mas/ano
Paralaxe (π)19.34 ± 0.76[1]mas
Distancia169 ± 7 al
(52 ± 2 pc)
Magnitude absoluta (MV)0,8[3]
Detalles
Masa2,4[4] M
Raio9,8[5] R
Luminosidade52[4] L
Temperatura4.930[4] K
Velocidade rotacional (v sin i)9[2] km/s
Idade6,5 × 108[4] a
Outras denominacións
ε And, Epsilon Andromedae, Epsilon And, 30 Andromedae, 30 And, BD+28 103, FK5 19, GC 759, HD 3546, HIP 3031, HR 163, LTT 10215, NLTT 2065, PPM 90002, SAO 74164.[1]
Referencias en bases de datos
SIMBADdatos

Epsilon Andromedae (ε And, 30 And) é unha estrela da constelación de Andrómeda de magnitude aparente 4,37. Atópase a 169 anos luz da Terra.

Epsilon Andromedae é unha xigante amarela de tipo espectral G6 III cunha temperatura de 4930 K. De cor e temperatura semellante a estrelas coma Vindemiatrix (ε Virginis), Nekkar (β Bootis) ou ζ Cygni, a súa luminosidade é inferior a calquera delas, aínda que é 52 veces máis luminosa co Sol. A medida do seu diámetro angular lévanos a un radio case dez veces maior co radio solar. a súa idade é de tan só 650 millóns de anos, pero cunha masa de 2,4 masas solares, evoluciona con moita máis rapidez co Sol. A diferenza deste, que no seu núcleo o hidróxeno transformase en helio, en Epsilon Andromedae é o helio o que, mediante fusión nuclear, se transforma en carbono e osíxeno.

Afastándose moi a presa da Terra a unha velocidade relativa de 118 km/s, Épsilon Andromedae movese nunha órbita moi excéntrica ó redor do centro da galaxia. É unha visitante ocasional que dende o centro da galaxia atravesa a área onde se atopa o sistema solar para dirixirse cara ás aforas da Vía Láctea.

Nome[editar | editar a fonte]

En chinés, 奎宿 (Kuí Sù), significa pernas (asterismo), refírese ó asterismo composto por ε Andromedae, η Andromedae, 65 Piscium, ζ Andromedae, δ Andromedae, π Andromedae, ν Andromedae, μ Andromedae, β Andromedae, σ Piscium, τ Piscium, 91 Piscium, υ Piscium, φ Piscium, χ Piscium e ψ¹ Piscium. Consecuentemente, ε Andromedae é coñecida coma 奎宿四 (Kuí Sù sì, Galego: a Cuarta Estrela das Pernas.)[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NLTT 2065 -- High proper-motion Star, entrada da base de datos, SIMBAD. Aceso en liña no 28 de Agosto, 2008.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 HR 163, entrada da base de datos, The Bright Star Catalogue, 5ª edición revisada. (Versión Preliminar), D. Hoffleit e W. H. Warren, Jr., CDS ID V/50. Acceso en liña no 28 de agosto de 2008.
  3. Extraido da paralaxe e a magnitude aparente.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Epsilon Andromedae Arquivado 28 de abril de 2007 en Wayback Machine., Stars, Jim Kaler. Consultado o 28 de agosto de 2008.
  5. Nordgren, Tyler E. et al. (December 1999), "Stellar Angular Diameters of Late-Type Giants and Supergiants Measured with the Navy Prototype Optical Interferometer", The Astronomical Journal 118 (6): 3032–3038, Bibcode:1999AJ....118.3032N, doi:10.1086/301114
  6. "AEEA (Activities of Exhibition and Education in Astronomy) 天文教育資訊網 2006 年 5 月 19 日". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 09 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]