Entidade municipal descentralizada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha Entidade municipal descentralizada (EMD, en catalán: Entitat municipal descentralitzada) é o nome que recibe en Cataluña a entidade local menor, consistente nun ou máis núcleos de poboación sen concello propio que se rexen conxuntamente por unha xunta de veciños, á fronte da cal hai un presidente.

Constitución[editar | editar a fonte]

Normalmente, as EMD corresponden a antigos municipios que deste xeito recuperan unha parte da súa autonomía perdida ou a núcleos de poboación coa suficiente entidade dentro de municipios extensos con varias localidades. Estes «case-concellos» réxense pola Lei Municipal e de Réxime Local de Cataluña (Lei 8/1987, do 15 de abril) e teñen o seu precedente nas antigas entidades locais menores, como aínda se denominan estas entidades na Comunidade Valenciana, as Illas Baleares e en xeral no conxunto de España, onde teñen unhas competencias e atribucións parecidas.

Pódense constituír a demanda do núcleo de poboación que aspira a converterse en EMD, a petición do mesmo concello ou por acordo da Generalitat de Cataluña.

Competencias[editar | editar a fonte]

As EMD teñen competencia sobre:

  • A vixilancia dos bens de uso público e dos bens comúns.
  • A conservación e administración do seu patrimonio, incluíndo o forestal, e a regulación do aproveitamento dos seus bens comúns.
  • A iluminación pública e a limpeza viaria.
  • A execución de obras e a prestación de servizos de competencia municipal de interese exclusivo da entidade, cando non vaian a cargo do municipio ou da comarca respectivos.
  • A ordenación do tránsito de vehículos e de persoas dentro o seu ámbito.
  • A conservación e o mantemento dos parques e xardíns e do patrimonio histórico e artístico do seu ámbito.
  • As actividades culturais e deportivas directamente vinculadas á entidade.

Lista de entidades[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2015, en Cataluña había 65 entidades municipais descentralizadas:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]