Enrique Paisal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Enrique Paisal Rego»)
Infotaula de personaEnrique Paisal
Biografía
Nacemento1938 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
Palmeira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresManuel Carra Fernández (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoAcordeón e piano Editar o valor em Wikidata

Enrique Paisal Rego, nado en Palmeira (Ribeira) en 1938, é un acordeonista e pianista galego. Foi membro fundador d'Os tamara así como director do Conservatorio de Ribeira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos oito anos comezou a estudar solfexo e acordeón co seu pai, Enrique Paisal Pérez. Aos dez anos trasladouse a Santiago de Compostela onde seguiu estudos de solfexo e piano no Conservatorio. Tamén asistiu a cursos de solfexo con Ana María Navarrete e de piano con Manuel Carra e Vázquez Sebastián. Ademais da carreira superior de piano, fixo até 5º de violín.

Foi membro d'Os Tamara até 1975 en que abandonou o grupo para dar clases no conservatorio de Compostela, para facerse cargo despois da Escola de música de Porto do Son. Seguiu traballando activamente no mundo da música e sacou dous discos en Solitario.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • La vida es una sola 2000
  • Enrique Paisal, amigas y amigos 2002