Enrique Paisal
![]() | Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Enrique Paisal | |
---|---|
Nacemento | 1938 |
Lugar de nacemento | Palmeira |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pianista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Enrique Paisal Rego, nado en Palmeira (Ribeira) en 1938, é un acordeonista e pianista galego. Foi membro fundador d'Os tamara así como director do Conservatorio de Ribeira.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos oito anos comenzou a estudar solfeo e acordeón con seu pai, Enrique Paisal Pérez. Aos dez anos trasladouse a Santiago de Compostela onde seguiu estudos solfexo e piano no Conservatorio. Tamén asistiu a cursos de solfexo con Ana María Navarrete e de piano con Manuel Carra e Vázquez Sebastián. Ademais da carreira superior de piano, fixo até 5º de violín.
Foi membro d'Os Tamara até 1975 en que abandonou o grupo para dar clases no conservatorio de Compostela, para facerse cargo despois da Escola de música de Porto do Son. Seguiu traballando activamente no mundo da música e sacou dous discos en Solitario.
Discografía[editar | editar a fonte]
- La vida es una sola 2000
- Enrique Paisal, amigas y amigos 2002