Enrique Gippini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnrique Gippini
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1901 Editar o valor em Wikidata
Reus, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de decembro de 1984 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Enrique Gippini Escoda, nado en Reus o 12 de outubro de 1901 e finado en Santiago de Compostela o 25 de decembro de 1984, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos dous anos trasladouse a Santiago de Compostela, onde fixo o Bacharelato Superior. Marchou voluntario á Guerra de Marrocos en 1921 onde permaneceu tres anos. Á volta cursou Maxisterio na Normal de Compostela e exerceu en Cerdeda, Buxán, Beneso, Oleiros, San Cosme de Muíño, Bastabales e Campo das Rodas en Noia. Membro da loxa “Agarimo nº 78” de Santiago. Foi militante do Partido Socialista dende 1931. Pertenceu a Federación socialista de Santiago de Compostela e foi director do seu voceiro Trabajo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído e a Comisión de Depuración da Ensinanza propuxo a súa separación definitiva do servizo da súa escola no Campo das Rodas de Noia, con efecto dende o 19 de xuño de 1937. Foi detido o 21 de xullo de 1937 e encarcerado en Santiago pola súa condición de masón, ata o 27 de decembro de 1939. Volveu ser detido o 6 de febreiro de 1940, permanecendo en prisión ata o 10 de abril dese ano.

O Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo condenouno a 12 anos e un día de reclusión menor, ingresou na Prisión habilitada de Torrijos, en Madrid. Despois pasou á Prisión de Burgos. En 1943 conmutáronlle a pena pola de seis anos de confinamento, inhabilitación e accesorias. Cumpriu a pena en Santander, onde chegou o 13 de decembro de 1943. En marzo de 1944 foi autorizado a cambiar a residencia a Valdoviño. Extinguiu a condena de confinamento o 15 de maio de 1945. En xaneiro de 1947 solicitou ser reposto como mestre nacional.

Colaborou no Seminario Fontán-Sarmiento de Hagiografía, Toponimia y Onomástica e no Boletín do Seminario publicou en 1980 "D. Alonso Pita da Veiga. Testamento" e "El Catastro del Marqués de la Ensenada y su valor para el estudio de la Toponimia: la parroquia de San Juan de Camboño". Edicións do Castro publicou postumamente Refraneiro galego (escolma) (1991),[1] unha escolma de refráns, consellos e ditos galegos, recollidos durante os anos de ensinante e nas súas viaxes.

Fiinou en Santiago de Compostela o 25 de decembro de 1984.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa tamén mestra Ángela Botana López e foi pai de Olga, Félix, María Luisa e Enrique Gippini Botana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha no Catalogo Iacobus
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 26-12-1984, p. 45.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]