Enola Holmes 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enola Holmes 2
Ficha técnica
Título orixinalEnola Holmes 2
DirectorHarry Bradbeer
Produtor
GuiónJack Thorne
Baseado enThe Enola Holmes Mysteries de Nancy Springer
Intérpretes
MúsicaDaniel Pemberton[1]
FotografíaGiles Nuttgens
MontaxeAdam Bosman
Estudio
DistribuidoraNetflix
Estrea4 de novembro de 2022
Duración129 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
XéneroMisterio
Filme anteriorEnola Holmes
Na rede
IMDB: tt14641788 Filmaffinity: 927350 Allocine: 292822 Rottentomatoes: m/enola_holmes_2 Allmovie: v733685 Metacritic: movie/enola-holmes-2 Netlix: 81406219Editar o valor em Wikidata

Enola Holmes 2[2] é un filme británico-estadounidense de 2022 dirixido por Harry Bradbeer. É a secuela do filme de 2020 Enola Holmes, que tamén está protagonizado por Millie Bobby Brown, que interpreta á irmá adolescente do famoso detective vitoriano Sherlock Holmes. O guión foi escrito por Jack Thorne e baséase na novela The Enola Holmes Mysteries de Nancy Springer. O resto do elenco está composto por Henry Cavill, Louis Partridge, Susie Wokoma, Adeel Akhtar e Helena Bonham Carter nos seus papeis do filme anterior, xunto con David Thewlis e Sharon Duncan-Brewster como as novas incorporacións.

A rodaxe comezou en outono de 2021 e rematou en xaneiro de 2022. Enola Holmes 2 estreouse o 4 de novembro de 2022 a través de Netflix, onde conta con versión subtitulada en galego.[3] O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. @. "Daniel Pemberton to return as composer for Netflix's 'Enola Holmes 2' starring Millie Bobby Brown, Henry Cavill, Lo…" (Chío) – vía Twitter. 
  2. pipocas.amesa.gal (ed.). "Enola Holmes 2". Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  3. Fansubgalego (ed.). "Enola Holmes 2 subtitulado en galego en Netflix". Consultado o 8 de novembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]