Millie Bobby Brown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Millie Bobby Brown
Millie Bobby Brown - MBB - Portrait 1 - SFM5 - July 10, 2022 at Stranger Fan Meet 5 People Convention.jpg
Nacemento19 de febreiro de 2004
LugarMarbella
NacionalidadeReino Unido
Profesiónactriz, modelo, actriz de cinema e produtor
Na rede
IMDB: nm5611121 Allocine: 660060 Rottentomatoes: celebrity/millie_bobby_brown Allmovie: p844408 Metacritic: person/millie-bobby-brown TV.com: people/millie-brown
Facebook: milliebobbybrown Twitter: milliebbrown Instagram: milliebobbybrown Snapchat: milliebbrown Last fm: Millie+Bobby+Brown Discogs: 6208892 Genius: Millie-bobby-brown Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Millie Bobby Brown, nada en Marbella o 19 de febreiro de 2004, é unha actriz e modelo británica.[1] Comezou a súa carreira na actuación cando se mudou a Orlando (Florida) en 2011. Actuou na serie da BBC Intruders e apareceu en diversas series de televisión, incluíndo Once Upon a Time in Wonderland, NCIS, Modern Family e Grey's Anatomy. Saltou á fama polo seu papel de Eleven na serie Stranger Things de Netflix, polo que foi nomeada, á idade de 13 anos, nos Premios Emmy a mellor actriz secundaria nunha serie.[2][3] Así mesmo, foi nomeada polo Sindicato de Actores de Cine ó premio para a mellor interpretación feminina nunha serie dramática, e gañou, xunto co resto do elenco, o galardón á mellor interpretación de elenco dunha serie dramática en 2017.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Brown reside entre Londres e Atlanta, Xeorxia.[5] Declarou que é seareira do Liverpool F.C., como o seu irmán e o seu pai.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]