Eneko Andueza
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1979 (45 anos) Eibar, España |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
3 de agosto de 2020 – Lexislatura: XII lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
21 de outubro de 2016 – 11 de febreiro de 2020 Lexislatura: XI lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade do País Vasco - ciencia política |
Actividade | |
Ocupación | político, politicólogo |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español (1996–) |
Membro de | |
Eneko Andueza Lorenzo, nado en Éibar, Guipúscoa o 11 de xuño de 1979, é un político vasco, secretario xeral do PSE-EE dende 2021 e candidato a lehendakari por devandita formación nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2024.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Eneko Andueza naceu en Éibar o 11 de xuño de 1979, onde cursou bacharelato no Colexio La Salle. É licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade do País Vasco.
Comezou a súa traxectoria política aos 17 anos ao afiliarse ao Partido Socialista de Euskadi e ás Mocidades Socialistas de Euskadi. Foi, circunstancialmente, concelleiro no concello de Ordizia, cubrindo a vacante de varios compañeiros locais que, froito da presión da violencia de ETA, non quixeron exercer o seu cargo; asesor do Delegado do Goberno en Euskadi, xefe de Gabinete de Iñaki Arriola, e tenente alcalde no concello de Éibar, onde ocupou tamén a secretaría xeral da agrupación socialista local.
Posteriormente foi voceiro do Grupo Juntero Socialista nas Xuntas Xerais de Guipúscoa, e dende 2016 é membro do Parlamento Vasco. En agosto de 2020 foi elixido voceiro do grupo parlamentario socialista do Parlamento Vasco para a XII lexislatura, sucedendo a José Antonio Pastor.
En decembro de 2020 publicou o libro Los toros, desde la izquierda,[2] co que «pretende eliminar complexos e pór argumentos na defensa da nosa afección dende unha visión progresista».[3]
Foi secretario xeral do PSE-EE de Gipúscoa (2017-2021), cargo ao que accedeu tras ser secretario xeral da Agrupación Socialista de Éibar (2009-2017). Ademais, é membro da Comisión Executiva do PSE-EE de Euskadi e membro do Comité Federal do PSOE.
Trala decisión de Idoia Mendia de non presentarse á reelección como Secretaria Xeral do PSE-EE, celebrouse un proceso de primarias, no que Eneko Andueza recibiu un 95,30 % dos votos da militancia socialista..[4] Foi ratificado como secretario xeral no marco do 9º Congreso dos Socialistas Vascos,[5] celebrado en Bilbao en novembro de 2021.
Foi candidato a lehendakari do Goberno Vasco para as eleccións ao Parlamento Vasco de 2024 polo PSE-EE.[6]
Libros publicados
[editar | editar a fonte]- Dolores Aguirre, Palabra de Ganadera (Editorial Servisistem , 2014)
- José Cruz, el sueño de Joselillo (Editorial Servisistem, 2016)
- Los toros desde la izquierda (Editorial Servisistem, 2020)
- Jóvenes sin juventud (Fundación Ramón Rubial, 2021)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Colmenero, Javi (2021-10-30). "Eneko Andueza, elegido secretario general del PSE-EE con un 95,30% de los votos". Europa Press (en castelán). Consultado o 2022-01-27.
- ↑ EFE (17 de decembro de 2020). "'Los toros, desde la izquierda', el libro de Eneko Andueza que causa polémica". El Diario Vasco. Consultado o 13 de xaneiro de 2021.
- ↑ twitter.com/enekoandueza
- ↑ Eneko Andueza recibió el apoyo masivo con un 95,30% de los votos de la militancia socialista y una participación del 65,75%.
- ↑ "Eneko Andueza: “La única suma que yo hago es la de la estabilidad y la convivencia; esa es la Euskadi que quiero liderar”". Socialistas vascos (en castelán). 2021-11-21. Consultado o 2022-01-27.
- ↑ Casillas, Juan (2024-02-25). "Las elecciones vascas, próximo examen de la política nacional". ABC (Edición nacional) (39.504) (Madrid). pp. 26–27. Consultado o 2024-02-28.