Xuntamente cos de Susqueda e do Pasteral, forma parte dun sistema de tres encoros que unen a comarca de Osona coa da Selva, xa na provincia de Xirona.
O encoro, inaugurado en 1962, cubriu a localidade de Sant Romà e os seus restos, especialmente o campanario da igrexa románica do século XI, son visibles cando o nivel de auga é baixo.
Ten unha lonxitude de 17km e 3km de largo, cunha capacidade máxima de 151,3 hm³. Permítese nel a práctica de deportes náuticos.