Encoro de Susqueda
Coordenadas: 41°58′45″N 2°31′38″L / 41.9792, 2.52722
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/10/Pant%C3%A0_de_Susqueda.jpg/250px-Pant%C3%A0_de_Susqueda.jpg)
O encoro de Susqueda é un encoro catalán situado no río Ter, entre os concellos de Susqueda, Sant Hilari Sacalm e Osor, na comarca da Selva, provincia de Xirona.
É o último no tempo e o máis importante dos encoros do sistema de aproveitamento hidrográfico do Ter, formado polos encoros de Susqueda, Sau e o Pasteral, que unen a comarca de Osona coa Selva.
A súa construción iniciouse en 1963 pola empresa Hidroeléctrica de Cataluña, aproveitando o estreito que forma o río entre as serras de Montdois e Sant Benet, coa intención de producir enerxía eléctrica e abastecer de auga ás cidades de Xirona e Barcelona. O pantano inaugurouse en 1968 e sepultou baixo as súas augas a localidade de Susqueda e as masías dos vales de Susqueda e Querós.
Todo o perímetro do encoro é de interese pola flora e a fauna. O espazo natural que ocupa pertence ás Guilleries. No encoro pódese practicar a navegación a remo, a vela e a motor a menos de 3 nós de velocidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Encoro de Susqueda ![]() |