A Encomenda do Cocido é unha sociedade gastronómica promovida polo concello de Lalín.
É unha sociedadegastronómica sen ánimo de lucro, nada no ano 2000 por iniciativa do Concello de Lalín coa finalidade de promover o cocido desta vila, e de grande importancia neste concello e, en xeral, de toda a comarca do Deza.
Acada a súa máxima expresión durante a celebración da Feira do cocido de Lalín (festa gastronómica celebrada dende o ano 1969 o domingo antes do entroido).