Emyn Muil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paisaxe do monte Ruapehu, en Nova Zelandia, localización das Emyn Muil para o filme The Lord of the Rings: The Two Towers de Peter Jackson.

Emyn Muil (‘outeiros do espanto’ en sindarin) son un grupo de montañas ficticias creadas polo escritor británico J. R. R. Tolkien para o seu legendarium, e descritas na novela O Señor dos Aneis. Eran un grupo de afiadas e escarpadas formacións rochosas e profundos vales colocados en dirección Norte-Sur que se estendían a ambos os lados do Anduin, sobre o Rauros, preto do lugar no que se erguían os Argonath.

Historia[editar | editar a fonte]

Nas Emyn Muil orientais, Frodo e Sam extraviáronse, e logo de atopar a Gollum, este guiounos cara Mordor. Nas Emyn Muil occidentais viaxaron Aragorn, Legolas e Gimli en busca de Merri e Pippin.

Frodo, Sam e Gollum nas Emyn Muil.