Emperador (peixe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emperador
Luvarus imperialis.jpg
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Suborde: Acanthuroidei
Familia: Luvaridae
T. N. Gill, 1885
Xénero: Luvaris
Rafinesque, 1810
Especie: L. imperialis
Nome binomial
Luvaris imperialis
Rafinesque, 1810
Sinonimia

Por xénero:

  • Ausonia A. Risso, 1827
  • Diana A. Risso, 1827
  • Proctostegus Nardo, 1827
  • Proluvarus Daniltshenko, 1968
  • Astrodermus G. Cuvier, 1829
  • Scrofaria Gistel, 1848

Por especies:

  • Astrodermus guttatus G. Cuvier, 1829
  • Astrodermus coryphaenoides G. Cuvier & Valenciennes, 1833
  • Ausonia cuvieri A. Risso, 1827
  • Coryphaena elegans A. Risso, 1827 in G. Cuvier, 1833[1]
  • Diana semilunata A. Risso, 1827[2]
  • Diana valenciennesii Cocco & Scuderi, 1835
  • Astrodermus elegans Bonaparte, 1839
  • Astroderma plumbeum R. T. Lowe, 1843
  • Proctostegus proctostegus Nardo, 1827
  • Proctostegus prototypus Nardo, 1827

O emperador[3] (Luvarus imperialis), única especie do xénero Luvarus que á súa vez é o único encadrado na familia Luvaridae, é un peixe mariño da orde Perciformes, especie cosmopolita distribuída por augas tropicais e subtropicais de todos os océanos.[4]

O inicio da aleta dorsal vaise desprazando progresivamente cara atrás conforme o peixe crece. Describiuse unha lonxitude máxima de 1,8 m.

Raramente se atopa nos mercados.[5]

Hábitat e modo de vida[editar | editar a fonte]

Exemplar de emperador capturado en Croacia.

Pódese atopar en calquera lugar do océano, tanto na superficie como en augas profundas.[6] Aparentemente solitario.

Aliméntase principalmente de pequenos peixes, ctenóforos e outros animais planctónicos xelatinosos.[7]

Reprodución[editar | editar a fonte]

Ten unha alta fecundidade, describiuse o caso dun adulto dos máis grandes que contiña 47 millóns de ovas, que por suposto abandonan e non mostran estratexias de coidado da prole. A desova comeza ao final da primavera e dura todo o verán.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Histoire naturelle des poissons, Volume 22, Georges Cuvier, 1833
  2. Histoire naturelle des principales productions de l'Europe méridionale et particulièrement de celles des environs de Nice et des Alpes Maritimes. Risso, A. (Antoine), Paris, F.-G. Levrault, 1826, tome III, page 267, doi 10.5962/bhl.title.58984
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para emperador.
  4. Nelson, J.S., 1984. Fishes of the world. 2.ª edición. John Wiley & Sons, Inc., New York. 523 p.
  5. Bauchot, M.-L., 1995. Luvaridae. Emperadores. p. 1245. En: W. Fischer, F. Krupp, W. Schneider, C. Sommer, K.E. Carpenter e V. Niem (eds.) Guia FAO para Identification de Especies para lo Fines de la Pesca. Pacifico Centro-Oriental. 3 Vols. FAO, Roma.
  6. Décamps, P., 1990. Luvaridae. p. 1008-1009. En J.C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post e L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, Paris. Vol. 2.
  7. Eschmeyer, W.N., E.S. Herald e H. Hammann, 1983. A field guide to Pacific coast fishes of North America. Houghton Mifflin Company, Boston, U.S.A. 336 p.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]