Saltar ao contido

Emmeline Pethick-Lawrence

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmmeline Pethick-Lawrence

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1867 Editar o valor en Wikidata
Clifton, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de marzo de 1954 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Gomshall, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBristol
Londres
Weston-super-Mare (pt) Traducir
Dorking (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, activista polos dereitos das mulleres, suffragette, editora literaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorVotes for Women (jornal) (pt) Traducir (1907–1914) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Laborista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
abril de 1915Women at the Hague (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeFrederick Pethick-Lawrence, 1st Baron Pethick-Lawrence (1901–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
PaiHenry Pethick Editar o valor en Wikidata
IrmánsDorothy Pethick Editar o valor en Wikidata
ParentesHenrietta Lawes, curmá entregue Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
28 de abril de 1915-30 de abril de 1915Women at the Hague (pt) Traducir
alimentação forçada (pt) Traducir
Folga de fame
encarceramento Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteA Historical Dictionary of British Women, (p.351) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Pethick-38

Emmeline Pethick-Lawrence, tamén coñecida como Lady Pethick-Lawrence, nada o 21 de outubro de 1867 en Bristol e finada o 11 de marzo de 1954,[1] foi unha activista británica polos dereitos das mulleres.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai foi un empresario. Foi a segunda de 13 fillos, asistiu a un internado aos 8 anos. De 1891 a 1895 traballou como "irmá do pobo" para a Misión Metodista de Londres occidental en Cleveland Hall, cerca de Fitzroy Square.

Axudou a Mary Neal a xestionar o club de nenas na misión. No outono de 1895 deixou a misión xunto a Mary Neal para fundar o Espérance Club, un club de nenas que non estaba suxeito ás limitacións da misión e podían experimentar coa danza e o teatro.[2] Pethick tamén fundou Maison Espérance, unha cooperativa téxtil cun salario mínimo, unha xornada de oito horas e unha axenda de vacacións.

Casou con Frederick Lawrence en 1901, e a parella adoptou o apelido conxunto Pethick-Lawrence. Foi membro da Suffrage Society e alí coñeceu a Emmeline Pankhurst, en 1906. Exerceu o cargo de tesoureira da Unión Social e Política das Mulleres "(Women's Social and Political Union - WSPU)" e recadou £134,000 ao longo de seis anos.[3]

Texto manuscrito de Emmeline Pethick-Lawrence no caderno de prisioneiros da WSPU de Mabel Cappers, decembro de 1910

Pethick-Lawrence editou a publicación Votes for Women co seu esposo en 1907. A parella foi arrestada e enviada a prisión en 1912 baixo o cargo de conspiración logo de mobilizacións nas que se romperon xanelas, aínda que se manifestaran en contra desas accións. Logo da súa liberación, foron expulsados da WSPU por Emmeline Pankhurst e a súa filla, Christabel debido aos crecentes desacordos acerca da utilización de tácticas máis radicais ás que os Pethick-Lawrences se opuñan. Uníronse entón ao United Suffragists. Emmeline asistiu ao Congreso Internacional de Mulleres na Haia, en 1915. Foi candidata polo Partido Laborista en 1918.[3]

En 1938 Pethick-Lawrence publicou as súas memorias, facendo particular énfase na súa visión acerca da radicalización do movemento sufraxista na véspera da primeira guerra mundial.[4]

En 1945 converteuse en Lady Pethick-Lawrence cando o seu marido accedeu ao título de barón.[5]

  1. "Emmeline Pethick-Lawrence Orlando Project". cambridge.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  2. Judge, Roy (1989). "Mary Neal and the Espérance Morris" (PDF). Folk Music Journal (en inglés) 5 (5): 548. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de decembro de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Uglow, Jennifer S. (1985). "Pethick-Lawrence, Emmeline". En Continuum. The International Dictionary of Women's Biography (en inglés). New York. pp. 370–371. ISBN 0-8264-0192-9. 
  4. Emmeline Pethick-Lawrence (1938): My Part in a Changing World. London 1938.
  5. Rappaport, Helen (2001). "Pethick-Lawrence, Emmeline". En ABC-CLIO. Encyclopedia of women social reformers. 1. [A – L] (en inglés). Santa Barbara, Calif. [u.a.] p. 548. ISBN 978-1-57607-101-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]