Emilio Sobrín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emilio Sobrín
Información persoal
Nome Emilio Sobrín Arias
Nacemento século XIX
Lugar de nacemento León
Posición Defensas
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1958–1961 Deportivo da Coruña 13 (0)
1960Ponferradina
1961–1962 Ponferradina
1962–1963 Cultural Leonesa
1963–1964 Ponferradina
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Emilio Sobrín Arias, nado en León, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou xogando en varios equipos de Bembibre, pasando logo ao Atlético Bembibre e ao La Bañeza. En 1955 xogou no Recreativo Europa Delicias, filial do Valladolid e ao ano seguinte no Club Deportivo San Pedro de Ponferrada.[1]

En 1958 chegou ao Deportivo da Coruña, en Segunda División, debutando o 30 de novembro contra o Sestao. Estivo tres anos no club coruñés, sendo cedido á Ponferradina na primeira metade da tempada 1960/61.[2] Volveu na tempada seguinte á Ponferradina, onde xogou varios anos cun breve paréntese no que xogou na Cultural Leonesa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "11 pioneros" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2020. Consultado o 2 de novembro de 2020. 
  2. "José Antonio y Sobrín vuelven de Ponferrada". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de decembro de 1960. p. 6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]