Emilio Guillín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Guillín

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Carlos III de Madrid
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2378696 Editar o valor em Wikidata


Emilio Guillín, nado en Santiago de Compostela o 14 de marzo de 1976, é un xornalista e presentador de televisión galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con 19 anos comezou a presentar programas de entretemento e informativos en Radio Televisión Compostela (RTC), ao tempo que estudaba Filoloxía Galega na USC. En 1998 comezou a colaborar no Supermartes da TVG.

En 2000, marchou a Madrid a estudar Interpretación e Arte Dramática na Fundación Shakespeare, e Xornalismo na Universidade Carlos III de Madrid, continuando a súa formación cun mestrado de Xornalismo Audiovisual (IEPA-CES).

Alí seguiu no mundo da televisión, colaborando no informativo de Canal+ presentado por Marta Reyero, e en canles como CNN+, Localia ou Expansión TV. En 2004 pasou a Antena 3, como reporteiro do programa Diario de una boda, conducido por Jaime Cantizano, falando dos preparativos do enlace matrimonial entre Filipe de Borbón e Letizia Ortiz. Ese mesmo ano pasou a TVE, presentando en TVE-2 o programa Aquí hay trabajo.

En 2006 regresou a Galicia, para presentar Perdelo todo e Mundo Verbena, da TVG. En 2007 Susanna Griso fíchao para presentar varias seccións do magazine matinal Espejo público de Antena 3.

No verán de 2010 presenta "Na punta do pé" -programa diario, en directo e itinerante-, no access prime time da Televisión de Galicia.

En 2011 e 2012 presentou "Xiz", concurso diario emitido en V televisión (canal autonómico privado de Galicia).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]