Emilia Plater
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de novembro de 1806 Vilnius |
| Morte | 23 de decembro de 1831 Vainežeris |
| Causa da morte | doenza |
| Lugar de sepultura | Kapčiamiestis (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | militar, loitador pola liberdade, soldado |
| Período de actividade | 1830 |
| Carreira militar | |
| Rango militar | capitana |
| Participou no conflito | Levante de Novembro (pt) |
| Familia | |
| Familia | Plater |
| Pais | Franciszek Ksawery Plater |
| Descrito pola fonte | Polski Słownik Biograficzny |
Condesa Emilia Plater (Broel-Plater, en lituano: Emilija Pliaterytė), nada o 13 de novembro de 1806 en Vilnius e finada o 23 de decembro de 1831, foi unha revolucionaria e nobre polaca[1][2][3] das terras divididas da República das Dúas Nacións. Criada na tradición patriótica polaca, loitou no Levantamento de Novembro de 1830 e encabezou unha pequena unidade coa que participou en varios enfrontamentos. Recibiu o rango de capitán das forzas insurxentes polacas. Preto do final do levantamento caeu enferma e morreu.
Aínda que non participou en ningunha gran batalla, a súa historia fíxose moi coñecida e inspirou numerosas obras de arte e de literatura. É unha heroína nacional en Polonia e Lituania, xa que ambas formaban parte da República das Dúas Nacións. Foi venerada tamén polos artistas polacos e por todo o país como un símbolo das mulleres loitando pola causa nacional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Litwa: przewodnik", Tomasz Krzywicki, Oficyna Wydawnicza "Rewasz", 2005, s. 196
- ↑ "W pamięci potomnych". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2014. Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ Shastouski, K. "Grób Emilii Broel-Plater - wieś Kopciowo okręg olicki". Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emilia Plater |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Carta orixinal de Emilia Plater na que confirma o feito de que se alista no exército por propia vontade
- Familia Plater de Westphalia
- Lugar de falecemento de Emilia Plater
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |