Embraer EMB 202 Ipanema
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Embraer EMB 202 Ipanema | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | familia de aeronaves e modelo de aeronave ![]() |
Subclase de | aeronave con base en terra, aeronave agrícola e Bairro de Ipanema (pt) ![]() ![]() |
Uso | aerial application (en) ![]() ![]() |
Produción | |
País de orixe | Brasil ![]() |
Fabricante | Indústria Aeronáutica Neiva (pt) ![]() ![]() |
Configuración da á | monoplano ![]() |
Datas e localizacións | |
Primeiro voo | 1970 ![]() |
Acontecementos | |
maio de 1991 ▶ certificação de aeronaves (pt) ![]() decembro de 1971 ▶ certificação de aeronaves (pt) ![]() ![]() | |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O Embraer EMB 202 Ipanema é un avión agrícola usado principalmente para a fumigación aérea. Está fabricado por Indústria Aeronáutica Neiva, unha subsidiaria de Embraer na cidade brasileira de Botucatu. A última versión deste modelo é o primeiro avión de á fixa propulsado por etanol, sendo máis económico que a versión de gasolina. O avión é amplamente empregado no Brasil, tendo unha cota de mercado dun 80%, e lévanse fabricadas ao redor de 1.300 unidades. Ademais dos avións, tamén se venden kits de conversión para os modelos propulsados por gasolina.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Nos anos 60 o desenvolvemento dun avión agrícola brasileiro estivo motivado pola espansión do mercado de produtos agrícolas, especialmente da soia e da cana de azucre. Durante ese tempo, enxeñeiros do Instituto Tecnológico de Aeronáutica desenvolveron o avión na granxa Ipanema, situada en Sorocaba.[1]
A primeira versión do avión, a EMB-200, realizou o seu primeiro voo en 1970[2] e foi certificada en decembro de 1971.[3] O modelo estaba equipado cun motor de pistóns de 260 cabalos. Embraer iniciou a fabricación en serie en 1972, e en setembro de 1974 introducíuse o EMB-201, que incluía varias melloras como un motor de 300 cabalos, unha nova hélice, novas ás e maior capacidade.
En 1982 transferíuse a fabricación do Ipanema a Indústria Aeronáutica Neiva, recentemente adquirida por Embraer. En 1992 lanzouse un novo modelo, o EMB-202 ou Ipanemão. O novo avión tiña melloras na aerodinámica e un 40% máis de capacidade.
Nos anos seguintes Neiva fixo significativas melloras no avión. Engadíronselle winglets, un sistema de aire acondicionado na cabina, baixouse a posición das ás, disminuíuse a resistencia e reducíuse o peso do sistema de escape.
Dado que o etanol está dispoñible en grandes cantidades no Brasil, custando só un 25-30% do que custa a gasolina de aviación, moitos granxeiros brasileiros intentaron utilizar os motores dos Ipanemas con alcol, con distintos graos de éxito. O resultado disto foi o desenvolvemento dun Ipanema cun motor de alcol, que foi certificado polo Departamento de Ciência e Tecnologia Aeroespacial do país o 19 de outubro de 2004. O motor do Ipanema ten tamén un 20% menos de custos de operación e mantemento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "EMB 200 Ipanema". historicalcenter.embraer.com (en inglés). Consultado o 2022-05-12.
- ↑ Taylor 1971, p. 13
- ↑ Taylor 1975, p. 16