AMX International AMX
AMX International AMX | |
---|---|
Tipo | avión de ataque ao chan |
Fabricante | AMX International |
Primeiro voo | 15 de maio de 1984 |
Introducido | 1989 |
Principais usuarios | Forza Aérea de Italia Forza Aérea do Brasil |
Produción | 1986-1999 |
Unidades construídas | unhas 200 |
O AMX International AMX é un avión de ataque ao chan desenvolvido conxuntamente por Brasil e Italia. O AMX é designado A-11 Ghibli pola Forza Aérea de Italia e A-1 pola Forza Aérea do Brasil. O nome italiano, "Ghibli", está collido do vento cálido e seco do deserto libio.
Durante os primeiros anos dos anos 70 o fabricante italiano Aermacchi realizou un estudo de deseño dun posible avión lixeiro de ataque a terra, que recibiu a designación MB-340. A principios de 1977 a Forza Aérea italiana publicou un requisito para 187 avións de ataque de nova construción, que substituirían aos seus Aeritalia G.91 no apoio aéreo próximo. Durante o ano 1980 o goberno do Brasil anunciou que estaba intentando participar no programa co obxectivo de proporcionar un subsituto ao Aermacchi MB-326. Como resultado dun memorando entre Italia e Brasil para o desenvolvemento conxunto do tipo en 1981, creouse a AMX International, unha empresa conxunta italo-brasileira, para desenvolver, fabricar e comercializar o aparello.