Elisa Patiño
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Elisa Patiño Meléndez 1890 Pontevedra, España |
Morte | 12 de abril de 1919 (28/29 anos) Pontevedra, España |
Causa da morte | gripe de 1918 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | aviadora |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Elisa Patiño Meléndez nada en Pontevedra en 1890 e finada na mesma vila o 12 de abril de 1919, foi unha aviadora e aristócrata galega, coñecida tamén co alcume de Chichana.[1] Foi a primeira muller galega en pilotar un avión.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse na aviación con José Piñeiro González, ao que acompañou en varias demostracións a bordo do seu Bleriot. Voou soa por vez primeira o 12 de outubro de 1913 na praia de Baltar, en Sanxenxo.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Era filla de Albino Patiño Amado, duque de Patiño, e de Rosa Meléndez. En agosto de 1916 casou en Ponte Sampaio con Enrique Alcaraz Díez, e foi nai en xuño de 1917 de Lucía Alcaraz Patiño, que herdou o ducado de Patiño.[1]. Morreu por mor da gripe de 1918.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 García, Victoria (26 de setembro de 2018). GCiencia, ed. "Elisa Patiño, Chichana, a primeira aviadora galega". Consultado o 17 de abril de 2019.
- ↑ "Chichana Patiño, el hada de Piñeiro", artigo de Milagros Bará en Diario de Pontevedra, 4 de maio de 2016 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rodríguez Rodríguez, Anaír. Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño (1ª edición: febreiro de 2019 ed.). Vigo. ISBN 978-84-9121-464-9. OCLC 1135271442
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Elisa Patiño Meléndez". Do gris ao violeta.
- "Elisa Patiño". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |