Praia de Baltar
Praia de Portonovo | |
---|---|
Vista da praia de Portonovo. | |
Características xerais | |
Localización | Portonovo |
Lonxitude | 600 m |
Largo medio | 55 m |
Grao de ocupación | Moi alto |
Grao de urbanización | Praia semiurbana |
Paseo marítimo | |
Características específicas | |
Composición | Area |
Tipo de area | Fina e branca |
Condicións do baño | Sen ondada |
Aspectos medioambientais | |
Presenza de vexetación | Si |
Zona protexida | Si |
Bandeira Azul | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Policía local | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Accesible a discapacitados | |
Tipo de acceso | Fácil a pé |
Sinalización do acceso |
A praia de Baltar ou praia de Portonovo [1] é un areal situado en Portonovo (Sanxenxo). En 2016, como en anos anteriores, foi recoñecida co distintivo europeo da Bandeira Azul. Xunto ás de Canelas e Caneliñas, conforman as praias de Portonovo.
Recibe o seu nome da aldea de Baltar, situada ó outro lado da estrada PO-308, que percorre a praia lonxitudinalmente.
Características
[editar | editar a fonte]A praia está separada da estrada por un cordón de dunas formadas polo vento que levanta a area da praia e a empurra cara á súa zona posterior. Ente a duna e a estrada e ó longo da praia esténdese un paseo de madeira que une as localidades de Sanxenxo e de Portonovo.
A praia esténdese dende a liña urbana da vila, a partir do peirao do Chasco, alcanzando uns 600 m de lonxitude, aproximadamente, até a rochosa Punta do Vicaño, que separa a praia de Baltar da de Silgar. É de area branca e fina, e con augas tranquilas, ó estar protexida polo promontorio de Punta Vicaño ó leste, e as instalacións do porto ó oeste.
No citado peirao atópase o Club Náutico de Portonovo, entidade potenciadora dos deportes náuticos na zona. Tamén foi distinguido en 2016 cunha Bandeira Azul.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Galicia Máxica (consultado o 26.02.2017).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]+ Ficha en Turismo.gal (en castelán)