Elisa Patiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elisa Patiño
Elisa Patiño Meléndez.jpg
Nome completoElisa Patiño Meléndez
Nacemento1890
 Pontevedra
Falecemento12 de abril de 1919
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
OcupaciónPiloto
editar datos en Wikidata ]

Elisa Patiño Meléndez nada en Pontevedra en 1890 e finada na mesma vila o 12 de abril de 1919, foi unha aviadora galega, coñecida tamén co alcume de Chichana.[1] Foi a primeira muller galega en pilotar un avión.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse na aviación con José Piñeiro González, ao que acompañou en varias demostracións a bordo do seu Bleriot. Voou soa por vez primeira o 12 de outubro de 1913 na praia de Baltar, en Sanxenxo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era filla de Albino Patiño Amado, duque de Patiño, e de Rosa Meléndez. En agosto de 1916 casou en Ponte Sampaio con Enrique Alcaraz Díez, mais morreu nova por mor da gripe española. Tivo unha filla en xuño de 1917 chamada Lucía, Lucía Alcaraz Patiño, que herdou o ducado de Patiño.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 García, Victoria (26 de setembro de 2018). GCiencia, ed. "Elisa Patiño, Chichana, a primeira aviadora galega". Consultado o 17 de abril de 2019. 
  2. "Chichana Patiño, el hada de Piñeiro", artigo de Milagros Bará en Diario de Pontevedra, 4 de maio de 2016 (en castelán).



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.