Saltar ao contido

Elisa Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElisa Díaz
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1914 Editar o valor en Wikidata (110 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLaureano Poza Juncal Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaría Victoria Díaz Riva Editar o valor en Wikidata

Elisa Susana Agustina Díaz Riva, nada en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1914, foi unha química galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi filla de Nicolás Díaz López, profesor de Latín e director do Instituto de Santiago (nado en maio de 1871 en Lugo,[1]) e de Sabina Riva Moscoso (nada en 1880 en Ferrol.[2]) Tivo tres irmáns que estudaron na universidade compostelá: Manuel e Nicolás Antonio, que fixeron Medicina, e María Vitoria, que estudou Filosofía e Letras[3] e foi mestra e inspectora de Primeira ensinanza en Oviedo. María Vitoria, ademais, sería unha das pensionistas da JAE.

Elisa estudou o bacharelato no Instituto de Santiago xunto con Natividad Mejuto Larrauri, quen sería unha das súas grandes amigas na facultade.[4] Entre 1930 e 1934 realizou os seus estudos na Facultade de Ciencias (Sección Química), acadando o grao de licenciada[5], tras o que conseguiu unha bolsa na facultade de Ciencias. Traballou como axudante de clases prácticas da materia Física Experimental durante 1934 e 1935 na Facultade de Ciencias[6] e como axudante interina no Instituto de Santiago.[7]

Unha vez rematada a carreira foi Axudante de Laboratorio de Bioloxía xunto ao profesor Luís Iglesias (1935) e tamén no Laboratorio de Física (1935 e 1936), baixo a dirección de Mariano Zurimendi.[4] Gañou unha praza de Profesora de Física e Química no Instituto de Segunda Ensinanza Pi i Margall de Barcelona (Institut-Escola Pi i Margall), que non chegou a exercer por pasar ao Instituto de Badalona[4].

Elisa casou polo civil co pontevedrés Laureano Poza Juncal, químico como ela, o 6 de marzo de 1937 en Madrid.[4] Laureano, que pertencía a unha destacada familia republicana e masona, militou en Acción Republicana de Pontevedra en 1933 e en Izquierda Republicana en Madrid, e traballou como catedrático interino no Instituto Nacional de Segunda Ensinanza de Vigo (1935) e como profesor na Escuela de Guerra número 1, en Barcelona.[4]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, Laureano Poza foi depurado do seu posto docente en Vigo. Xunto con Elisa e a súa irmá, María Vitoria, apareceron como beneficiarios dunha axuda que outorgaba o centro marsellés dos Comités de Axuda ós intelectuais cataláns.[8] Elisa e o seu marido marcharon ao exilio no buque Ipanema, chegando ao porto de Veracruz, en México, o 7 de xullo de 1939,[9], país no que pasaron o resto da súa vida.

Nese país americano Elisa completou a súa preparación estudando na Universidade Feminina a carreira de Técnica en Laboratorios Clínicos. Traballou como profesora de Química xeral, Química inorgánica e Química orgánica en escolas secundarias de México, así como no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón, creado polas JARE para os fillos dos exiliados españois. Tamén se dedicou á Filosofía esotérica, formando parte dunha asociación teosófica[10] e escribiu "Los caminos de la vida y de la muerte".[11]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Elisa Díaz e Laureano Poza tiveron tres fillos: Joaquín (nado o 23 de abril de 1941) e as xemelgas Elisa Vitoria e Pilar (1945)[12] Poza Díaz.[10]

  1. "Padrón de vecinos del Ayuntamiento de Lugo. Año de 1904" (Arquivo Municipal de Lugo, cartapacio 115, fol. 5v).
  2. "Padrón de vecinos del Ayuntamiento de Ferrol para el año de 1882" (Arquivo Histórico Municipal de Ferrol, "Barrio 2º, Calle de San Carlos").
  3. "Sección oficial. 16 junio.- R.O. número 837.- Reclamaciones a la lista única de opositoras". El Magisterio Español (en castelán) (Madrid). 2-7-1927. p. 24. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 (Pintos Barral 2016, p. 184)
  5. (Flecha García 2010, p. 269)
  6. (Pintos Barral 2016, p. 180, táboa 29)
  7. "Noticias". El Compostelano (en castelán) (Santiago de Compostela). 7-2-1935. p. 2. El rector concedió licencia para dedicarse a la enseñanza privada a la señorita Elisa Díaz Riva, ayudante interino de la Sección de Ciencias del Instituto de esta ciudad 
  8. Pujol Casademont, Enric (2000). Ferran Soldevila i la historiografia catalana del seu temps (1874-1971) (Tese) (en catalán). Universitat Autònoma de Barcelona. Departament d'Història Moderna i Contemporània. p. 457. 
  9. "Ficha de Díaz Riva de Poza, Elisa". Movementos migratorios ibero-americanos (en castelán). 
  10. 10,0 10,1 (Pintos Barral 2016, p. 185)
  11. "Revista 327 328 - Sep Dic 2002 - Sociedad Teosófica en Colombia" (en castelán). 2002. 
  12. Smith, Mildred Anne (25-1-1959). "Teenagers from Mexico spend vacation here going to school". Santa Cruz Sentinel (en inglés) 103 (20). p. 10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]