Saltar ao contido

Elena Văcărescu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElena Văcărescu

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Hélène Vacaresco
(ro) Elena Văcărescu Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1864 Editar o valor en Wikidata
Bucarest, Romanía Editar o valor en Wikidata
Morte17 de febreiro de 1947 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Bellu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Embaixador
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, tradutora, escritora, xornalista, diplomática, libretista Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
FamiliaVăcărescu family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParellaFernando I de Romanía Editar o valor en Wikidata
PaisIoan Văcărescu Editar o valor en Wikidata  e Eufrosina Falcoianu Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1366462 Musicbrainz: 0f887d9c-3fde-4ce7-86b4-e0052975d3b0 IMSLP: Category:Văcărescu,_Elena Find a Grave: 30108866 Editar o valor en Wikidata

Elena Văcărescu ou Hélène Vacaresco, nada en Bucarest o 21 de setembro de 1864 e finada en París o 17 de febreiro de 1947 foi unha escritora aristócrata romanesa-francesa, laureada en dúas ocasións pola Academia francesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A través do seu pai, Ioan Văcărescu, descendía dunha longa liña de boiardos de Valaquia (a familia Văcărescu), que incluía a Ienăchiță Văcărescu, poeta que escribiu a primeira gramática romanesa. Era tamén neta do poeta romanés Iancu Văcărescu. Pola súa nai, Eufrosina Fălcoianu, descendía da familia Fălcoianu, un prominente clan dos tempos do príncipe Miguel o Valente.

Pasou a maior parte da súa mocidade na propiedade Văcărescu preto de Târgovişte. Elena familiarizouse coa literatura inglesa grazas á súa institutriz, Miss Allan. Tamén estudou literatura francesa en París, onde coñeceu a Victor Hugo, a quen logo mencionou na súas memorias. Asistiu a clases de filosofía, estética e historia, e tamén esudou poesía coa dirección de Sully Prudhomme.

Outra influencia na súa vida temperá foi a Guerra ruso-turca, 1877-1878 que tamén involucrou Romanía, xa que o país declarou a independencia do Imperio Otomán e se uniu ao bando da Rusia imperial. O pai de Elena loitou na guerra, experiencia que influíu no seu primeiro libro (publicado en 1886).

O encontro que cambiou a súa vida foi o que tivo con Isabel de Wied, raíña de Romanía, esposa do rei Carlos I. A raíña invitouna ao palacio en 1888. Interesada nas achegas literarias de Văcărescu, interesouse moito máis na súa persoa. Sen acabar de recuperarse da morte da súa única filla en 1874, Isabel transferiu o seu amor maternal a Elena.

En 1889, debido á falta de herdeiros ao trono romanés, o rei adoptara o seu sobriño Fernando de Hohenzollern-Sigmaringen que, dada a súa soidade nun país estranxeiro, creceu achegado a Elena, namorouse dela e eventualmente expresou o seu desexo de casar con ela. Porén, segundo a Constitución de Romanía de 1866, o herdeiro ao trono non podía casar cunha romanesa. O resultado da relación foi que a raíña (que impulsara o romance) se exiliase a Neuwied durante dous anos, Elena se exiliase a París de por vida e Fernando fose enviado a buscar unha nova parella, que finalmente atopou en María de Edimburgo.

Văcărescu foi delegada substituta da Liga das Nacións entre 1922 e 1924. Foi delegada permanente dende 1925 a 1926. Foi de novo delegada substituta de 1926 e 1938. Foi a única muller que serviu co rango de embaixadora (delegada permanente) na histoira da Liga das Nacións.

En 1925 foi aceptada como membro da Academia Romanesa. Traduciu ao francés obras de poetas romaneses como Mihai Eminescu, Lucian Blaga, Octavian Goga, George Topîrceanu, Ion Minulescu e Ion Vinea.

Xusto antes da súa morte, Văcărescu era membro da delegación romanesa encabezada por Gheorghe Tătărescu na conferencia de paz ao final da segunda guerra mundial. Está enterrada na cripta da familia Văcărescu no cemiterio de Bellu de Bucarest.

Poesía orixinal

[editar | editar a fonte]
  • Chants d'Aurore (1886)
  • L'âme sereine (1896)
  • Lueurs et Flammes (1903)
  • Le Jardin passioné (1908)
  • La Dormeuse éveillée (1914)

Temas folclóricos interpretados

[editar | editar a fonte]
  • Le Rhapsode de la Dâmboviţa (1889)
  • Nuits d'Orient (1907)
  • Dans l'or du soir (1927)
  • Amor vincit (1908)
  • Le Sortilege (1911)
  • Memorial sur le mode mineur (1945)
  • Le Roman de ma vie
  • Stana (1904)
  • Pe urma dragostei