Saltar ao contido

Elena Suárez Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElena Suárez Suárez
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor en Wikidata
Avellaneda, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte1988 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAlfredo Caamaño Pato Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 9372

Agustina Elena Suárez Suárez, nada en Avellaneda (Arxentina) en 1911[1] e finada en Caracas en 1988,[2] foi unha mestra e activista antifranquista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada na Arxentina, onde estaban emigrados os seus pais, que eran da Baña. Regresaron a Galicia e asentáronse en Ser, e despois foron vivir a Santa Comba. Foi mestra en Freixeiro, e casou con Alfredo Caamaño Pato.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o seu marido Alfredo fuxiu. Elena foi detida e encarcerada en Negreira. Xulgada en Santiago de Compostela por excitación á rebelión o 30 de marzo de 1937 xunto con outros 31 veciños do partido xudicial de Negreira,[3] foi condenada a pena de morte. Salvou pola súa condición de súbdita arxentina e finalmente foi sentenciada a oito anos de cárcere. Foi recluída na prisión da Coruña. Pasou polas prisións de Santiago, Burgos e penal feminino de Saturrarán. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en febreiro de 1940.[4] Foille retirado o título de mestra. En 1940 hai orde de ingresala nun hospital mental. Ao remate da guerra civil viaxou a Venezuela a través do porto de Bordeos e reencontrouse co seu home. Pouco despois chegaron os seus fillos. O matrimonio regresou en 1954 para unha breve visita ás terras de Santa Comba e Negreira.

  1. Personas encarceladas en la carcel de mujeres de Saturraran
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-12-1988, p. 54
  3. El Compostelano, 30-3-1937, p. 2.
  4. BOE, 13-2-1940, p. 743

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]