Elastase pancreática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elastase pancreática
Identificadores
Número EC 3.4.21.36
Número CAS 848900-32-3
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum
Gene Ontology AmiGO / EGO
Elastase pancreática II
Identificadores
Número EC 3.4.21.71
Número CAS 75603-19-9
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum
Gene Ontology AmiGO / EGO
Endopeptidase pancreática E
Identificadores
Número EC 3.4.21.70
Número CAS 68073-27-8
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum

A elastase pancreática é unha forma de elastase que se forma no páncreas (agás un dos isoencimas). En realidade, son un conxunto de isoencimas que forman parte dunha mesma familia chamada "familia das elastases de tipo quimotripsina" ou CELA. Os isoencimas desta familia están codificados nos xenes CELA1, CELA2A, CELA2B, CELA3A e CELA3B. Á súa vez, as elastases son unha subfamilia de serina proteases que hidrolizan a proteína elastina e moitas outras proteínas.

O primeiro destes isoencimas, a elastase pancreática 1, pensábase inicialmente que, igual que as demais elastases pancreáticas, se expresaba no páncreas, pero despois descubriuse que é a única delas que non se expresa no páncreas, senón nos queratinocitos da pel[1] (mesmo durante un tempo pensouse que o seu xene non se transcribía a proteína).[2] En consecuencia esta proteína foi primeiro renomeada de "elastase pancreática 1" a "elastase 1" (xene ELA1) e despois o nome aprobado oficialmente foi o de "familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 1" (xene CELA1).[3]

A literatura clínica que describe a actividade da elastase 1 humana no páncreas ou no material fecal en realidade refírese á proteína "familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 3B" (xene CELA3B).[3]

Isoencimas[editar | editar a fonte]

Os humanos posuímos cinco xenes de elastases de tipo quimotripsina, que codifican cinco proteínas estruturalmente similares, que son:

Familia Símbolo do xene Nome da proteína Número EC
Aprobado Previo Aprobado Previo
elastases
de tipo
quimotripsina
CELA1 ELA1 familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 1 elastase 1, pancreática EC 3.4.21.36
CELA2A ELA2A familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 2A elastase 2A, pancreática EC 3.4.21.71
CELA2B ELA2B familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 2B elastase 2B, pancreática EC 3.4.21.71
CELA3A ELA3A familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 3A elastase 3A, pancreática EC 3.4.21.70
CELA3B ELA3B familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 3B elastase 3B, pancreática EC 3.4.21.70

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Talas U, Dunlop J, Khalaf S, Leigh IM, Kelsell DP (January 2000). "Human elastase 1: evidence for expression in the skin and the identification of a frequent frameshift polymorphism". J. Invest. Dermatol. 114 (1): 165–70. PMID 10620133. doi:10.1046/j.1523-1747.2000.00825.x. 
  2. Rose SD, MacDonald RJ (June 1997). "Evolutionary silencing of the human elastase I gene (ELA1)". Hum. Mol. Genet. 6 (6): 897–903. PMID 9175736. doi:10.1093/hmg/6.6.897. 
  3. 3,0 3,1 EntrezGene 1990

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]