Saltar ao contido

Elafonisi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaElafonisi
Imaxe

Localización
Mapa
 35°16′09″N 23°31′57″L / 35.2692, 23.5325
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasAdministración descentralizada de Creta
Periferiasrexión de Creta
Unidades periféricasChania (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación0 Editar o valor en Wikidata (0 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1,5 km² Editar o valor en Wikidata
Medición0,5 (ancho) × 1,5 (lonxitude) km
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata

Elafonisi (grego: Ελαφονήσι "illa dos cervos") é unha illa situada preto da esquina suroeste da illa de Creta no Mediterráneo, da que forma parte administrativamente, na unidade rexional de Chania. Cando o tempo permíteo, é posible camiñar ata a illa a través das augas pouco profundas. A illa é unha reserva natural protexida.

Praia de Elafonisi

Guerra de Independencia grega

[editar | editar a fonte]

No punto máis alto da illa hai unha placa que conmemora un tráxico acontecemento. O Domingo de Pascua do 24 de abril de 1824 varios centos de gregos, na súa maioría mulleres e nenos, foron asesinados en Elafonisi por soldados otománs. Para evitar o avance das tropas turcas otomás, corenta homes armados refuxiáronse na illa con mulleres, nenos e vellos na espera dun barco para levalos ás Illas Xónicas. Os soldados otománs decidiran acampar na praia fronte á illa. Un dos seus cabalos camiñou ao longo das augas pouco profundas da illa e as persoas que se escondían na illa foron descubertas. Segundo varias fontes había entre 640 e 850 persoas en total, a maioría das cales foron asasinados e os sobreviventes foron vendidos como escravos en Exipto.[1][2][3]

Naufraxio do Imperatrix

[editar | editar a fonte]

Unha gran cruz de madeira conmemora o naufraxio do 22 de febreiro de 1907. Tratábase dun vapor de pasaxeiros da Österreichischer Lloyd, chamado o Imperatrix. Debido aos fortes ventos do noroeste 38 persoas morreron nun bote salvavidas que tratou de chegar á beira. Todos eles foron enterrados na illa. O Imperatrix aínda se atopa no fondo do mar fronte aos cantís da illa e foi a razón pola que se construíu un faro nun outeiro da illa.[4]

O faro foi destruído durante a segunda guerra mundial polas tropas de ocupación alemás.[5]

illa de Elafonisi na distancia desde a costa de Creta

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Website of local Kissamos, Mythymna and Inachorio Arquivado 21 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (Greek)
  2. "Το Ελαφονήσι". Ta Nea. 17 de agosto de 2007. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2013. Consultado o 24 de agosto de 2016. (en grego)
  3. Alan Hall: Walking in Western Crete: 45 walks in Kissamos and Selinos, S.200 (English)
  4. Imperatrix – The Wreck Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (Inglés)
  5. Kissamoslive (clubs.pathfinder.gr) Arquivado 01 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (Grego)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]