Saltar ao contido

El pico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El pico
 Título
    El pico (es) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
 Cor
Implicados
 Director/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Datas
 Data de publicación
1983 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
Cifras e dimensións
 Duración
   105 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0086104 Filmaffinity: 403478 Allocine: 184786 Allmovie: v158266 TCM: 482597 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

El pico é unha película dramática española dirixida por Eloy de la Iglesia, ambientada no Bilbao de comezos dos 80. Os temas fundamentais son a adicción á heroína e, en menor medida, o conflito vasco.

Con este filme, Eloy de la Iglesia soubo reflectir de xeito realista a inmersión de dous mozos na heroína. Nesa época foi unha droga que causou estragos na sociedade española. Os índices de delincuencia asociados a ela situáronse nos máis altos do mundo.

Ten unha secuela, "El pico 2", que se estreou o ano seguinte.

Dous amigos, Paco e Urko, que viven en Bilbao, engánchanse xuntos á heroína. Para conseguir a súa dose diaria non dubidan en roubar, mentir e ata matar ao camelo que lles pasa a droga.

Ademais, dáse a circunstancia de que Paco é o fillo do Comandante Torrecuadrada, pertencente á Garda Civil e Urko é fillo dun político da esquerda independentista vasca.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Críticas

[editar | editar a fonte]

As críticas non se fixeron esperar. Foi unha das poucas películas da época que tratou ese tema, primeiro coas sobredoses e despois coa sida e a hepatite C.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]