Cinema quinqui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eloy de la Iglesia, un dos directores máis representativos do cinema quinqui

Coñécese popularmente en España como cinema quinqui o xénero cinematográfico que narra as vivencias de delincuentes de estrato social moi baixo, sempre novos ou moi novos, que acadaron sona polos seus delitos.

O xénero alcanzou o seu máximo esplendor a finais da década de 1970 e na de 1980, debido á grande inseguridade cidadá que vivía o país na época. Rodáronse numerosas películas e sagas, a gran maioría dirixidas por José Antonio de la Loma e Eloy de la Iglesia.[1]

Características[editar | editar a fonte]

É moi frecuente que nestes filmes un delincuente habitual se converta en actor e se interprete a si mesmo ou a outro delincuente a quen coñece ou coñeceu, co fin de darlle maior realismo.

Moitas destas películas, biográficas ou pseudobiográficas, narran a vida dun certo delincuente, a súa contorna, as súas falcatruadas, a exclusión social sufrida ou as torturas sufridas en comisaría, entre outros. O delincuente, pertencente decote ao pobo caló ou á etnia moinante, adoita ser presentado como "nobre" e fiel a certos valores, como a lealdade grupal, o amor a unha muller ("arrebatada" en ocasións a un clan ou grupo social rival) ou a preocupación polo benestar da súa familia.

O tema central do cine quinqui é a delincuencia e a marxinalidade que a rodea, incluíndo o mundo da droga.[2] Son habituais as escenas de toxicómanos preparando doses de heroína, "xutándoa" (inxectándoa), drogados ou co "mono" (síndrome de abstinencia).

Nalgúns casos móstrase o protagonista en situacións en que delinque co obxectivo de axudar economicamente a súa familia.

Tamén é común ver escenas eróticas e mesmo explicitamente sexuais.[2]

Reflicte unha gran crítica social e ataca de xeito directo moitos estamentos sociais aos que se acusa de corrupción ou desigualdade: políticos, corpos policiais, clases adiñeiradas, consumismo etc.

Outro tema habitual é o roubo de coches e posteriores persecucións por estradas secundarias ou grandes cidades entre os quinquis e a Policía Nacional.

O argot utilizado nestas películas pretende imitar o habitual de barrios humildes, de ambientes delituosos, así como algunhas palabras do caló.

Un dos personaxes máis famosos foi Juan José Moreno Cuenca, El Vaquilla, (1961-2003), de quen se fixo unha película biográfica.

Películas de cine quinqui[editar | editar a fonte]

Dentro do cine quinqui houbo varios directores. Porén, destaca a filmografía de José Antonio de la Loma (1924-2004), considerado o pai do xénero, e Eloy de la Iglesia (1944-2006).[3]

Filmografía de José Antonio de la Loma[editar | editar a fonte]

Filmografía de Eloy de la Iglesia[editar | editar a fonte]

Filmografía doutros directores[editar | editar a fonte]

Outras películas[editar | editar a fonte]

Referencias ao mundo quinqui[editar | editar a fonte]

Actores do cine quinqui[editar | editar a fonte]

Sonia Martínez

Cantantes relacionados co cine quinqui[editar | editar a fonte]

Libros sobre cine quinqui[editar | editar a fonte]

  • Quinquis dels 80: cinema, premsa i carrer (Amanda Cuesta e Mery Cuesta). CCCB - Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (2009).
  • Quinquis, maderos y picoletos (Juan A. Ríos Carratalá). Ed. Renacimiento (2014).
  • Fuera de la ley (Roberto Robles Valencia e outros). Ed. Constelaciones (2015).
  • Goma-2: El cine explosivo de José Antonio de la Loma (Javier Ikaz). Ed. Applehead (2017).
  • Lejos de aquí (Eduardo Fuembuena). Uno Editorial (2017).
  • Cine quinqui: retrato de una sociedad a través de la música (Poochyeeh). Ed. Inflamavle (2020).
  • The Spanish quinqui film: Delinquency, sound, sensation (Tom Whittaker). Manchester University Press (2020).
  • Lejos de aquí, La verdadera historia de Eloy de la Iglesia y Jose Manzano (Eduardo Fuembuena). Autoedición (2021).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ABC (19 de novembro de 2013). "Manel se pasan al cine quinqui de los setenta en su último videoclip". El Mundo. Consultado o 4 de maio de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Europa Press (8 de xullo de 2010). "Madrid acoge una exposición del cine 'quinqui' de los años 80". Estamos Rodando. Consultado o 4 de maio de 2014. 
  3. Jiménez, Pepo (abril de 2012). "Chocolate, lechugas y cine quinqui". Jotdown. Consultado o 4 de maio de 2014. 
  4. Moltó, Daniel (31 de marzo de 2012). "El cine 'quinqui' renace en los barrios de Alicante". El Mundo. Consultado o 4 de maio de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]