El inocente (serie de televisión)
El inocente | |
---|---|
Logo da serie. | |
Formato | Serie de televisión |
Creado por | Oriol Paulo Jordi Vallejo |
Dirixido por | Oriol Paulo |
Intérpretes | Mario Casas Aura Garrido Alexandra Jiménez José Coronado |
País de orixe | España |
Lingua(s) | Castelán |
Temporadas | 1 |
Episodios | 8 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Belén Atienza Harlan Coben Jesús de la Vega Sandra Hermida Eneko Lizarraga Laura Rubirola Oriol Paulo |
Duración | 50 minutos (aprox.) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Primeiro episodio | 30 de abril de 2021 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El inocente é unha serie de televisión española orixinal de Netflix, estreada o 30 de abril de 2021 en 190 países do mundo. A serie narra a vida dun exconvicto que trata de refacer a súa vida, non confía en case ninguén e trata de descubrir a verdade que o rodea.
A serie está baseada na novela do mesmo nome de Harlan Coben, e adaptada por Oriol Paulo e Jordi Vallejo. Está protagonizada por Mario Casas, Aura Garrido, Alexandra Jiménez, Juana Acosta e José Coronado, entre outros.[1][2] Conta cunha única tempada de oito capítulos, cunha duración aproximada de 50 minutos por episodio.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Mateo Vidal, un exconvicto trata de reconducir a súa vida cando a súa muller, Olivia, recibe unha estraña chamada e desaparece posteriormente. Mateo trata de descubrir o sucedido que se relaciona co mundo da prostitución e a chantaxe.
Trama
[editar | editar a fonte]Unha noite, hai nove anos, Mateo intercedeu inocentemente nunha pelexa que acabou cun homicidio neglixente. Pasado un tempo, é agora un exconvicto que se atopa preto de acadar a estabilidade na súa vida. A súa parella, Olivia, está embarazada, e os dous están a piques de conseguir a casa dos seus soños. Unha inexplicábel chamada dende o móbil de Olivia desconcerta a Mateo, que comezará unha frenética carreira por descubrir a verdade. Ademais, Lorena, unha inspectora de policía, en pleno desenvolvemento dunha investigación polo suicidio dunha monxa comeza a asistir con estrañeza aos acontecementos que se suceden, a relación co caso de Mateo e tentando encaixar todas as pezas.
Nesta serie tamén terá relevancia o papel de Teo Aguilar, da Unidade de Delitos Especiais, e o da propia Unidade que conducirán ao espectador desde a estabilidade baseada na mentira á realidade oculta que aflora cando todos a daban por pasada.
Elenco
[editar | editar a fonte]Principais
[editar | editar a fonte]- Mario Casas como Mateo «Mat» Vidal Rivera
- Aura Garrido como Olivia Costa / Cándida Isabel Russo
- Alexandra Jiménez como inspectora Lorena Ortiz
- José Coronado como Teo Aguilar
- Martina Gusmán como Kimmy Dale / Martina Díaz
- Juana Acosta como Emma Durán Mazas / María Luján Calvo
- Gonzalo de Castro como Jaime Vera
- Ana Wagener como Sonia Miralles
- Miki Esparbé como Aníbal Ledesma
- Xavi Sáez como Ibai Sáez
- Anna Alarcón como Zoe Flament
- Susi Sánchez como Irene Baltierre
Elenco secundario
[editar | editar a fonte]- Mima Riera como Mara Bernal
- Jordi Coll como Ismael Vidal Rivera
- Alejandro Albarracín como Hugo Navarro
- Ariadna Cabrol como Eva
- Santi Pons como Rodrigo Gallardo
- Mireia Vilapuig como Carla
- Martín Noriega como Max
- Cocó Salvador como Alex
- Eudald Font como Daniel Vera Miralles
- Joan Pedrola como Marcos Lizarraga
- Pedro Hernández como Roberto Aranda
- Alex Ricart como Gonzalo
- Alex Brull como Oscar
- Carla Ricart como Lidia
- Cristina Murillo como Ana
- Alzira Gómez como Celia Abellán
- Oriol Vila como Bruno Soto
- Javier Beltrán como Óscar Crespo
- Josean Bengoetxea como Comisario Oliete
- Lluïsa Mallol como Coronel Amanda Prieto
- Zoé Arnao como Claudia
- Montse Morillo como Carmen
- Nico Conde como Javi
- David Vert como José
- Ainhara Rodríguez como Lorena Ortiz (nena)
- Carla Moran como Olivia costa (nena)
- Miquel Sitjar como Toni Osias
- Xavi Lite como Matías Oddone
- Cristina Genebat como Bea
- Joana Belmonte como Sofía Aguilar
- Oriol Guinart como Carlos
- Louise Good como Laura
- Asia Ortega como Cassandra
- Frank Feys como Friedman
- Aina Planas como Paula
- Albert Pérez como Miguel Torralba
Produción
[editar | editar a fonte]En abril de 2019, Netflix anunciou a adaptación da novela de Harlan Coben El inocente, cuxo director sería Oriol Paulo e o equipo de produción estaría liderado por Belén Atienza.[3] O 22 de novembro de 2019 comezou a rodaxe da serie. Ademais, ese mesmo mes anunciáronse ao tres primeiros actores: Mario Casas, Aura Garrido e Alexandra Jiménez.[4] En outubro de 2020 anunciouse a toda a repartición principal da serie, á parte do tres actores xa anunciados: Martina Gusmán, Juana Acosta, Gonzalo de Castro, Ana Wagener, Miki Esparbé, Xavi Sáez, Anna Alarcón e Susi Sánchez.[5]
Promoción
[editar | editar a fonte]A principios de abril de 2021, anunciouse a data de estrea da serie, sendo o venres, 13 de abril de 2021.[6] Poucos días antes da estrea, a serie comezou a publicitarse nas principais canles españolas (Telecinco, Antena 3) a modo de anuncio publicitario. Ademais, os principais actores asistiron como convidados a programas como El Hormiguero en Antena 3[7] ou Late Motiv en #0[8] para promocionar a serie. O cartel e tráiler da serie foron publicitados en Times Square de Nova York.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Netflix anuncia el inicio de ‘El inocente’, su nueva serie española" (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2020.
- ↑ "Alexandra Jiménez, Mario Casas y Aura Garrido protagonizarán 'El inocente' en Netflix" (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2020.
- ↑ "'El inocente' y 'Los favoritos de Midas', con Luis Tosar, son las nuevas series españolas de Netflix" (en castelán). Formula TV. 4 de abril de 2019. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ "El inocente - anuncio" (en castelán). About Netflix. 22 de novembro de 2019. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ Vallejo, J. (27 de outubro de 2020). "El inocente de Netflix confirma todo su reparto" (en castelán). Cultura en serie. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ Onieva, Álvaro (6 de abril de 2021). "‘El inocente’, con Mario Casas y José Coronado, ya tiene tráiler y fecha de estreno en Netflix" (en castelán). Fuera de series. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ "Disfruta de la entrevista completa de Mario Casas y José Coronado en 'El Hormiguero 3.0'" (en castelán). Antena 3. 27 de abril de 2021. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ "Late Motiv - Mario Casas. El inocente" (en castelán). Youtube. 28 de abril de 2021. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ Garrido, Aura (28 de abril de 2021). "Publicación de Aura Garrido en Instagram sobre El inocente". Instagram (en castelán). Consultado o 29 de abril de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El inocente na IMDb (en inglés).