Susi Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSusi Sánchez

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema , actriz de teatro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0844845 Allocine: 193544 Allmovie: p574821 Editar o valor em Wikidata

Asunción Sánchez Abellán, nada en Valencia o 21 de marzo de 1955, é unha actriz española que participou en numerosas producións de teatro, cinema e televisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Actriz de vocación teatral, en 2019 recibiu o premio Goya á mellor actriz pola súa interpretación de Anabel no filme La enfermedad del domingo, de Ramon Salazar.[1][2] Ademais, foromou parte do elenco de varios filmes do director Pedro Almodóvar (Dolor y gloria, Julieta, Los amantes pasajeros e La piel que habito) e participou nas tres entregas de Fernando González Molina sobre a triloxía do Baztan de Dolores Redondo.

Destacan tamén os seus papeis nos filmes 10.000 noches en ninguna parte de Ramón Salazar, pola que foi candidata ao Goya como actriz secundaria, La teta asustada, de Claudia Llosa, Oso de Ouro no Festival de Berlín, Juana la loca de Vicente Aranda onde deu vida á raíña Isabel a Católica, e nas obras teatrais Cara de plata e Mujeres soñaron caballos. Por estes tres traballos foi candidata aos premios da Unión de Actores, logrando o galardón á mellor actriz secundaria por Cara de plata.[3] Pola súa interpretación na obra Cuando Deje de Llover obtivo ademais o premio Max á mellor actriz secundaria en 2014.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Susi Sánchez é parella da actriz e directora Consuelo Trujillo. Ambas asistiron a numerosos eventos do orgullo e falaron a favor dos dereitos LGBT.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]