José Porrúa Valdivieso
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1822 Corcubión, España |
Morte | 1913 (90/91 anos) Cienfuegos, Cuba |
Alcalde Cienfuegos | |
1872 – |
José Porrúa Valdivieso, nado en Corcubión en 1822 e finado en Cienfuegos, Cuba, en 1913, foi un avogado, político e xornalista galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Cuba a mediados do século XIX, instalouse en Cienfuegos. Foi alcalde de Cienfuegos dende 1872 e despois deputado provincial en 1879. Foi fundador e director do periódico El Avisador Galaico con Domingo Devesa Naveiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Neira Vilas, Xosé (9/8/2015). "Dous Porrúa en América". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 06/01/2018. Consultado o 05/01/2018.