El Eco Escolar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El Eco Escolar foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1863.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Hoja diaria compostelana de noticias, avisos e intereses generales, apareceu o 2 de xaneiro de 1863. Primeiramente editábase diariariamente, logo pasou a ser semanal e despois apareceu tres veces á semana. Sufriu modificacións nos seus subtítulos, na súa cabeceira e na súa periodicidade. A partir do 8 de xaneiro subtitulouse Revista semanal compostelana científica, literaria y de intereses generales, despis pasou a Revista semanal de intereses generales. A partir do número 28 cambiou o subtítulo por Periódico compostelano de noticias, avisos e intereses generales, a partir do 32 Periódico literario, de noticias, avisos e intereses generales e a partir do 48 Periódico de intereses morales y materiales, científico y literario. Cambiou a súa cabeceira a partir do número 51, pasando a denominarse El Eco Compostelano co subtítulo Periódico de intereses morales y materiales, noticias y anuncios, pero continuando coa numeración. Fundado e dirixido por Ramón Otero Acuña e editado por José Rodríguez Ruibal. Entre os seus colaboradores figuraron José Domínguez Izquierdo, Francisco Romero Blanco, Heliodoro Cid, Vicente Cid Osorio, Luís Fernández Deus, Romualdo de Acevedo, Julián Obaya e Antonio García Vázquez-Queipo. Publicou "O gaiteiro", de Rosalía de Castro, e "María na crucifixión de Xesús", de López de la Vega, pero prescindiu dos contidos literarios nos últimos números.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]