Antonio García Vázquez-Queipo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Vilela, España |
Morte | 30 de novembro de 1912 Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, avogado |
Membro de | |
Antonio García Vázquez-Queipo, nado en Vilela (A Rúa) e finado en Santiago de Compostela o 30 de novembro de 1912, foi un avogado e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sobriño de Vicente Vázquez Queipo. Estudou Leis na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Dereito en Madrid. Colaborou en El Eco Escolar e de forma esporádica en La Joven Galicia. Traduciu a poetas alemáns e italianos e puxo en galego "A Cruz", poema de Pietro Paolo Parnzanese. O seu poema "Al enamorado Macías" foi premiado co Pensamento de Ouro nos Xogos Florais da Coruña (1861).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Moreno García-Pan.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia. p. 464. ISBN 84-7154-390-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.