El Cínife (Santiago de Compostela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Cínife
PaísEspaña
Lugar de publicaciónSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

El Cínife foi un semanario editado en Santiago de Compostela en 1900.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario satírico e Periódico satírico semanal, apareceu o 14 de abril de 1900. Pode tratarse da continuación de El Ciclón, pola semellanza na liña editorial e porque os colaboradores coinciden. Incluía as seccións Zumbidos e Aleteos poéticos onde publicaron creacións poéticas en castelán Heraclio Pérez Placer, Enrique Labarta Pose, Francisco Porto Rey, Juan Barcia Caballero, Sofía Casanova e Pedro Sánchez Peña. Tamén apareceron algúns poemas en galego de Pedro Sánchez Peña, Adolfo Rey e dun autor que asinaba co pseudónimo Leafar. Suspendeu a súa publicación a mediados de xullo dese ano.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Idea Moderna, 20-7-1900, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]