El Cruzado (Mondoñedo)
El Cruzado | |
---|---|
Fundación | 1912 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Mondoñedo |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Cruzado foi un periódico editado en Mondoñedo entre 1912 e 1917.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario tradicionalista, apareceu o 6 de abril de 1912. Con censura eclesiástica, nun principio saía os sábados, a partir do 5 de agosto de 1914 transformouse en Bisemanario tradicionalista e apareceu dúas veces por semana, mércores e sábados. O seu director era José Polo Folgueira, quen só figuraba como director legal, pois o periódico estaba inspirado polo seu propietario Enrique Costas Márquez cun claro matiz tradicionalista. O redactor era o seu irmán Carolino Costas Márquez. Editouse na imprenta de Mancebo e despois nunha propia, aparecendo como director o dono. Contou coas colaboracións de Antonio Noriega Varela e Manuel Amor Meilán. En galego publicou algúns poemas satíricos asinados co pseudónimo de Cástulo e unha escolma de cantigas recollidas por Noriega Varela, prologada por Basilio Álvarez. Cesou a súa publicación o 30 de maio de 1917.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Cruzado, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Mayán Fernández, Francisco; et al. (2005). "Cruzado, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.