José Polo Folgueira
José Polo Folgueira | |
---|---|
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Polo Folgueira foi un xastre e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Presidente da Asociación Juventud Carlista de Mondoñedo en 1907. Foi o primeiro director de El Cruzado e un dos fundadores da Irmandade da Fala mindoniense en 1917. Concelleiro na década dos vinte, foi representante en Mondoñedo da sociedade bonaerense Mondoñedo y Distritos e xestor dos fondos que estes enviaron desde a Arxentina. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe local dos requetés Boinas Rojas entre 1936-1939.