Eusebio Vence Calviño
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1857 Riobó, España |
Morte | 1932 (74/75 anos) Palos de la Frontera, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico , xornalista , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Orde relixiosa | Orde Franciscana |
Eusebio Vence Calviño, nado en Riobó (Rodeiro) en 1857 e finado en Palos de la Frontera en 1932, foi un sacerdote, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Seminario de Lugo e ordenouse sacerdote. Foi administrador de El Lucense e colaborou na revista Galicia. Trasladouse a Vigo e foi redactor de Faro de Vigo, dirixiu La Integridad, foi redactor de El Criterio Gallego e fundou El Restaurador. Tomou os hábitos franciscanos co nome de Frei León. Dirixiu La Voz de San Antonio e en 1923 foi nomeado Superior do Convento de Santa María da Rábida en Palos de la Frontera. Publicou Guía Histórica del Monasterio de Santa María de la Rábida en 1929.