El Combate (A Coruña)
El Combate | |
---|---|
Fundación | febreiro de 1901 |
Remata | 1903 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | A Coruña |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Combate foi un semanario que se publicou na Coruña entre 1901 e 1903.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu en febreiro de 1901. Semanario republicano. Estivo dirixido un tempo por Eumenio Rodríguez Rodríguez.[1] Contiña artigos asinados por coñecidos políticos republicanos como Joaquín Costa, Francesc Pi i Margall, Alejandro Lerroux ou Emilio Castelar, e outros artigos de Antón Vilar Ponte, Vicente Blasco Ibáñez ou Émile Zola. Tamén contou coas colaboracións de Fernando Halcón, Alfredo Calderón, Emilio Menéndez Pallarés, Rodríguez de la Hermida, Manuel Sánchez Roel e Víctor Oscáriz. Publicación de marcado carácter político, na maior parte dos seus números trataba acontecementos da vida política galega e nacional. Suspendeu a súa publicación en xullo de 1901.[2] Foi continuado por Tierra Gallega.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Combate, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Combate, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.