El Barcalés
El Barcalés foi un periódico aparecido no Seilán (A Baña) entre 1911 e 1912.
Características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Órgano de la Liga Barcalesa. Defensor de los intereses de Barcala, apareceu en xaneiro de 1911. De periodicidade mensual, publicábase os últimos días de cada mes e constaba de catro páxinas. Órgano da sociedade de agricultores vincualada ao Partido Conservador, mantivo enfrontamentos con La Federación de Negreira y Baña. Estaba dirixido por Víctor García Ferreiro e entre os seus colaboradores figuraron Salvador Cabeza de León, Alfredo Vicente, José Varela de Limia, César Baña Rey, Manuel Campos Ponte e Eloy Páramo. Os contidos cinguíanse á emigración, ao momento político e ás actividades internas da liga. Publicou algúns artigos de opinión en galego. O 15 de marzo de 1912 publicou a primeira parte do Catecismo do labrego de Lamas Carvajal. O último número coñecido é o 17, aparecido o 31 de maio de 1912.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Liñares, X. Amancio; Lista Liñares, Omayra (2007). Prensa e comarca. Medios de comunicación en Negreira, A Baña e Brión no século XX. Ames: TresCtres. pp. 73–80. ISBN 978-84-935562-7-3.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 69. ISBN 84-8288-137-X.