Víctor García Ferreiro
Víctor García Ferreiro | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1859 |
Lugar de nacemento | Negreira |
Falecemento | 3 de decembro de 1933 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Víctor García Ferreiro, nado en Negreira en 1859 e finado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1933[1], foi un médico, profesor e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Foi médico en Negreira e dirixiu o periódico El Barcalés na Baña. Foi catedrático por oposición na Facultade de Medicina da Universidade de Salamanca e, por fin, catedrático de Enfermidades da Infancia na Facultade de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela[2].
Foi alcalde interino de Santiago, por falecemento do anterior propietario, Máximo de la Riva García, desde o 15 de marzo de 1922 ata o 1 de abril do mesmo ano.
Predecesor: Máximo de la Riva García |
![]() Alcalde de Santiago 1922 |
Sucesor: Vicente Goyanes Cedrón |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Estivo casado con Sofía Fabeiro García. Foi tío do tamén alcalde de Santiago Juan Varela-de Limia García.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Compostelano, 5-12-1933, p. 3.
- ↑ El Compostelano, 5-12-1933, p. 2.