Einar Haugen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Einar Haugen
Nacemento19 de abril de 1906
 Sioux City
Falecemento20 de xuño de 1994
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Illinois em Urbana-Champaign, St. Olaf College e Morningside College
Ocupaciónlexicógrafo, lingüista e catedrático de universidade
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Fridtjof Nansen Award for outstanding research, historical-philosophical class e Gunnerus Medal
editar datos en Wikidata ]

Einar Ingvald Haugen, nado o 19 de abril de 1906 e finado o 20 de xuño de 1994, foi un lingüista americano de ascendencia norueguesa. Catedrático na Universidade de Wisconsin e na Universidade Harvard, destacou como especialista nas linguas escandinavas e como pioneiro nos estudos de planificación lingüística e no esbozo dunha nova aproximación ás linguas denominada ecolingüística.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Haugen naceu en Sioux City, no estado de Iowa, de pais inmigrantes procedentes da cidade de Oppdal en Noruega. Sendo un neno, a familia regresou a Oppdal durante dous anos pero retornaría ós Estados Unidos, onde continuaría falando familiarmente o seu dialecto noruegués natal.

Asistiu ó Morningside College en Sioux City e posterioremente ó St. Olaf College onde estudaría con Ole Edvart Rølvaag e se graduaría en 1928. Inmediatamente continuou os seus estudos de lingüística na Universidade de Illinois, na que se doutorou en 1931.

Ese mesmo ano comezou a dar clases na Universidade de Wisconsin, permanecendo nesta institución ata 1962. En 1964 foille concedida a cátedra Victor S. Thomas de Linguas Escandinavas e Lingüística na Universidade Harvard. Nela permanecería ata o seu retiro en 1975.

Estivo casado con Eva Lund Haugen, con quen tivo dúas fillas e que finou pouco despois da súa morte ós 62 anos de idade.

Entre os cargos que desempeñou ó longo da súa carreira están os de presidente de varias asociacións académicas, entre elas, a Linguistic Society of America (Sociedade Lingüística de América), a American Dialect Society (Sociedade de Dialectoloxía Americana), e a Society for the Advancement of Scandinavian Study (Sociedade para o Avance dos Estudos Escandinavos.

Obra[editar | editar a fonte]

Haugen conta no seu haber o mérito de ser pioneiro no campo da sociolingüística e da planificación da lingua, no que investigaría o papel fundamental de Ivar Aasen na formación do noruegués moderno. A linguaxe e as linguas constitúen o fundamento da súa profesión pero no centro delas situáronse sempre o noruegués e as linguas nórdicas, das que chegou a ser un dos máis destacados académicos do século pasado.

Foi autor de numerosas investigacións sobre o noruegués antigo e dedicou un volume enteiro ó seu dialecto nativo. Os seus dous libros máis importantes foron a monografía The Norwegian language in America. A study in bilingual behavior (A lingua norueguesa en América. Un estudo do comportamento bilingüe) e o dicionario noruegués-americano Norwegian American Dictionary / Norsk engelsk ordbok.

A obra pola que posiblemente será lembrado na historia da lingüística correspóndese cunha colección de artigos editada por Anwar S. Dil, The Ecology of Language (A ecoloxía da lingua), na que apunta a un novo campo de estudo máis tarde denominado ecolingüística.

Ademais de cuñar a noción de "language ecology" (ecoloxía da lingua), son tamén seus un importante número de novos conceptos cos que se operaría dende entón dentro da sociolingüística: o de "language planning" (planificación lingüística), "schizoglossia" (esquizoglosia) e "semi-communication" (semicomunicación).

Libros[editar | editar a fonte]

  • "Spoken Norwegian", 1946.
  • "The First Grammatical Treatise: The earliest Germanic Phonology", 1950.
  • "The Norwegian Language in America: A Study in Bilingual Behavior", 1953.
  • "A Norwegian-English Dictionary", 1965.
  • "Language Conflict and Language Planning", 1966.
  • "The ecology of language", 1972.
  • "Scandinavian Language Structures: An Introduction to their History", 1976.
  • "Ibsen's Drama: Author to Audience", 1979.
  • "Oppdalsmalet. Innforing i et sortrondsk fjellbygdmal", 1982.
  • "Scandinavian Language Structures", 1982
  • "Blessings of Babel: Bilingualism and Language Planning", 1987.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]