EgyptSat A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
EgyptSat A / MisrSat A
TipoObservación terrestre
OrganizaciónAutoridade Nacional para a Observación Remota e Ciencias Espaciais
Data de lanzamento21 de febreiro de 2019[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 2-1b Fregat[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónObservación da superficie terrestre.[2][3][4][5]
NSSDC ID2019-008A
Datos orbitais
Semieixo maior7032 km[1]
Inclinación98,0°[1]
Apoapse662,0 km[1]
Periapse660,5 km[1]

EgyptSat A ou MisrSat A foi un satélite artificial exipcio lanzado o 21 de febreiro de 2019 mediante un foguete Soiuz 2-1b Fregat desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

EgyptSat A, xestionado pola Autoridade Nacional para a Observación Remota e Ciencias Espaciais e construído entre esta e a rusa RKK Energia, foi un satélite exipcio de observación da Terra consistente nunha versión mellorada do EgyptSat 2. O satélite estaba baseado no bus 559GK e levaba a bordo unha cámara mellorada capaz de sacar imaxes en modo multiespectral, cunha resolución de 1 m, e pancromático, cunha resolución de 4 m. O satélite usaba motores iónicos SPD-70 alimentados por xenon. Durante o lanzamento a terceira etapa do foguete Soiuz 2-1b Fregat apagouse prematuramente, fallo compensado pola etapa Fregat-M, deixando ao satélite na súa órbita final.[1][2][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "EGYPTSAT A" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "EgyptSat A" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 22 March 2019 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (19-02858 (E)). 29 de abril de 2019: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de febreiro de 2023. Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "EgyptSat A (MisrSat A)" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2023). "EgyptSat A" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]