EgyptSat 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
EgyptSat 1 / MisrSat 1
EgyptSat 1 (á esquerda) antes do lanzamento.
TipoObservación terrestre
OrganizaciónAutoridade Nacional para a Observación Remota e Ciencias Espaciais
Data de lanzamento17 de abril de 2007[1][2][3]
Foguete portadorDnepr[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónObservación da superficie terrestre.[2][3][4][5]
NSSDC ID2007-012A
Datos orbitais
Semieixo maior7026 km[1]
Inclinación97,9°[1]
Apoapse660,7 km[1]
Periapse650,8 km[1]

EgyptSat 1 ou MisrSat 1 foi un satélite artificial exipcio lanzado o 17 de abril de 2007 mediante un foguete Dnepr desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

EgyptSat 1, xestionado pola Autoridade Nacional para a Observación Remota e Ciencias Espaciais e construído entre esta e a Oficina de Deseño Yuzhnoye de Ucraína, foi o primeiro satélite exipcio de observación da Terra. O satélite estaba baseado no bus MS-1TK e levaba a bordo unha cámara infravermella, unha cámara multiespectral e un sistema de comunicacións de tipo "almacenar e enviar". A resolución da cámara multiespectral era de 7,8 m e a de infravermellos, de 39,5 m. O 19 de xullo de 2010 perdeuse o contacto co satélite ao fallar as comunicacións en banda S. Ata o momento o satélite obtivera unhas 5000 imaxes.[1][2][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "EGYPTSAT 1" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "EgyptSat 1" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 9 April 2008 from the Permanent Mission of Egypt to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary- General" (PDF) (08-52668 (E)). 11 de abril de 2008: 2. Consultado o 5 de febreiro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "EgyptSat 1 (MisrSat 1)" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2023). "EgyptSat 1" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]