EgyptSat 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
EgyptSat 2 / MisrSat 2
TipoObservación terrestre
OrganizaciónAutoridade Nacional para a Observación Remota e Ciencias Espaciais
Data de lanzamento16 de abril de 2014[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz U[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónObservación da superficie terrestre.[2][3][4][5]
NSSDC ID2014-021A
Datos orbitais
Semieixo maior7089 km[1]
Inclinación51,6°[1]
Apoapse718,5 km[1]
Periapse717,9 km[1]

EgyptSat 2 ou MisrSat 2 foi un satélite artificial exipcio lanzado o 16 de abril de 2014 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

EgyptSat 2, xestionado pola Autoridade Nacional para a Observación Remota e Ciencias Espaciais e construído entre esta e a rusa RKK Energia, foi un satélite exipcio de observación da Terra. O satélite estaba baseado no bus 559GK e levaba a bordo unha cámara capaz de sacar imaxes en modo multiespectral, cunha resolución de 1 m, e pancromático, cunha resolución de 4 m. O satélite usaba propulsión iónica alimentada por xenon. O contacto co satélite perdeuse en abril de 2015 a causa dun fallo no sistema de control de voo, rematando a súa misión so un ano despois de entrar en órbita.[1][2][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "EGYPTSAT 2" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "EgyptSat 2" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 31 July 2014 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (14-07834 (E)). 20 de novembro de 2014: 2. Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "EgyptSat 2 (MisrSat 2)" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2023). "EgyptSat 2" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]