Edwin S. Porter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edwin S. Porter
Porter en 1901
Nome completoEdwin Stanton Porter
Nacemento21 de abril de 1870
LugarConnesville, Pensilvania
Falecemento30 de abril de 1941 (71 anos)
LugarNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Cónxuxe(s)Caroline Ridinger (1893-1941)
ProfesiónDirector
Na rede
IMDB: nm0692105 Allocine: 12959 Rottentomatoes: celebrity/edwin_s_porter Allmovie: p106883
WikiTree: Stanton-4015 Find a Grave: 68985291 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Edwin Stanton Porter, nado en Connesville (Pensilvania) o 21 de abril de 1870 e finado en Nova York o 30 de abril de 1941 foi un director de cinema estadounidense, pioneiro da historia do cinema.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de ter distintos empregos, comezou a interesarse na electricidade, amosando unha gran capacidade como inventor. Porter chegou ao mundo do cinema en 1896, ano no que se proxectaron comercialmente os primeiros filmes, converténdose en proxeccionista e viaxando por Suramérica facendo demostracións en feiras. Ao volver a Nova York en 1898 atopou traballo no Eden Musée, dependente da Edison Manufacturing Company, no que se dedicaba á montaxe e exhibición de filmes.

Pola creatividade que demostrou neses labores foi contratado directamente pola compañía en 1899, comezando a facer filmes para Edison.

O seu principal filme foi o western The Great Train Robbery, de 1903, que trouxo grandes innovacións, incluíndo un plano dun bandido disparando á cámara.

Entre 1917 e 1925 Porter foi presidente da Precision Machine Company. Tras retirarse, seguiu inventando e deseñando obxectos, logrando varias patentes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]